O judoca tomiñés Brais Pereira, Campión de España Absoluto O deportista, de 20 años e membro do Club de Judo do Baixo Miño, realizó tres combates logrando la máxima puntuación

Brais Pereira, de 20 anos de idade e membro do Club Judo do Baixo Miño (A Guarda), converteuse no novo Campión de España Absoluto de Judo, despois de disputar o pasado sábado en Marín, a Copa de España Absoluta de Judo, organizada pola Federación Galega de Judo. O judoca tomiñés pasou tres combates logrando a máxima puntuación IPPON, polo que se fixo coa medalla de ouro.

Dende o Concello de Tomiño, facen chegar a este gran deportista os seus máis sinceros parabéns e os mellores desexos de futuro.

 



X