O judoka tomiñés Brais Pereira, medalla de ouro na Copa de España Junior de Gijón

 

Unha vez máis o  judoka tomiñes BRAIS PEREIRA AMORIN, do club de judo BAIXO MIÑO subiuse ao máis alto do podium.

O deportista participou o pasado sábado, 17 de decembro, na COPA DE ESPAÑA JUNIOR DE GIJON  na categoría de -81kg, realizando unha moi boa competición. Logrou impoñerse en todos os seus combates pola máxima puntuación, afianzándose como un dos mellores judokas na súa categoría a nivel nacional.

Á espera de confirmación oficial da Federación Española, Brais sitúase entre o tres mellores judokas do ranking nacional.

Brais quere aproveitar a ocasión para agradecer a axuda que lle prestou o Concello de Tomiño, así como o seu patrocinador, Construcións Castro.

Doutra banda, o pasado domingo, celebrouse en Vigo a Festa do Judo Infantil, na que participaron uns 50 judokas TOMIÑESES (CENTRO VIP E ESCOLAS DEPORTIVAS GOIAN)  pertencentes ao clube de judo Baixo Miño.  Deportistas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos que demostraron que a canteira do club está asegurada.

Fotos:(https://www.facebook.com/pg/judobaixominho/photos/?tab=album&album_ide=1048275488627645)

Desde o club quérese dar o parabén a todos e todas, e desexarlles FELICES FESTAS; o mesmo que desde o equipo de goberno de Tomiño e o resto da corporación local.