O Mercado Municipal acolle dende hoxe e até o día 7 de xaneiro, unha exposición de postais de Nadal

  • Nesta mostra, poden contemplarse, entre outras, as tarxetas realizadas polas persoas do Grupo de Maiores, Centro de Día e Residencial Tomiño

 

 

Dentro do programa de Nadal do Concello de Tomiño, vén de inaugurarse no Mercado Municipal (primeiro andar), a Exposición de Postais de Nadal, que permanecerá aberta até o vindeiro sábado, 7 de xaneiro.Concurso postais nadal maiores 4

Nesta mostra, poden contemplarse, entre outras, as tarxetas de Nadal realizadas polas persoas do Grupo de Maiores, Centro de Día e Residencial Tomiño.

 

Por outra banda, mañá, mércores 28, O Apalpador chegará á Praza do Seixo ás 11.00h.

 

Tamén o mercado municipal será o espazo no que se desenvolverá, o xoves 29, de 17.00 a 19.00 horas, o obradoiro de teatro infantil “Unha coroa para os reis magos”, a cargo de Migallas Teatro. É necesario apuntarse antes chamando ao Concello.

Concurso postais nadal maiores 2

O venres 30 de decembro chega ao mercado, entre as 17.00 e as 18.00 horas, o meigo Zanas, co espectáculo “Máis que maxia”.

A programación continúa os días 2, 3 e 4 de xaneiro coa actividade “Nadal na Praza”. Entre as 16.00 e as 20.00 horas, a Praza do Seixo encherase de xogos, obradoiros, inchables, coa protección dunha carpa, por se acaso chovera.

 

A Cabalgata de Reis será o xoves 5, con saída dende o Campo do Alivio ás 16.30 horas e percorrido até a Praza do Seixo. Nela terá lugar a recepción dos nenos e nenas por parte dos Reis; entrega de agasallos e reparto de papeletas para o sorteo dunha bici, tablet, patins, drons, etc.Concurso postais nadal maiores 3

 

O sábado 7 de xaneiro, a programación continúa con “O mundo máxico de Pinocho”. A función, a cargo de Educa Teatro, será no Auditorio de Goián, ás 18.00 horas, con entrada de balde para nenos e nenas e de 3 euros para adultos.

 

Pechará o programa outra obra de teatro infantil-musical, “Vaioviravai – As andanzas de Paio”. Tamén no auditorio, ás 18.00 horas. Coma na anterior actividade, a entrada será de balde para nenos e nenas e de 3 euros para as persoas adultas.

 

Cristina Martínez, concelleira de Cultura, informa que este Nadal terá coma mascota, un teixugo, un animaliño habitante dos nosos bosques que destaca polo seu tesón e perseveranza e que é símbolo da unión coa terra e a chegada do Nadal.