O “Motoclub Dalle Gas” organiza o XI Mercadiño e Exposición de Motos Antigas

A mostra permanecerá aberta no polideportivo de Goián os días 1 e 2 de novembro

A “Asociación de amigos das motos antigas e de colección MOTOCLUB DALLE GAS” organiza por décimo primeiro ano consecutivo o “Mercadillo y Exposición de Motos Antiguas”.
A actividade, que conta coa colaboración do Concello de Tomiño, celebrarase no Pavillón Polideportivo de Goián (Tomiño. Estrada Tui-A Guarda), os días 1 e 2 de novembro.
O sábado, o horario de apertura ao público será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, e
o domingo, de 9.30 a 14.30 horas.

Segundo informa a organización, ademais da exposición, o público poderá disfrutar dunha completa feira de recambios para a moto antiga e os coches clásicos, así coma de miniaturas, ferramentas, etc. Entre os expositores haberá profesionais do sector de varias cidades españolas e tamén algúns particulares interesados en vender pezas e recambios.

A organización agarda superar as tres mil persoas que o pasado ano visitaron a mostra para buscar pezas, establecer relacións co outros afeccionados ou coleccionistas, e intercambiar consellos e información técnica.

As persoas interesadas poden pedir máis información no teléfono 677 526 179 ou 617 08 22 23.

http://mcdallegas.blogspot.com.es/