O ORAL volve atender no Concello de Tomiño pero só con cita previa A oficina móbil visitará Tomiño os días mércores, sempre que teñan axendadas citas previas, e só estará na franxa horaria das citas

A partir do día 1 de xuño (no caso de Tomiño o día 3), as oficinas móbiles do ORAL volven estar abertas para a atención presencial, pero EXCLUSIVAMENTE CON CITA PREVIA (chamando ao teléfono de atención ás persoas contribuíntes 986 804 100).

Dadas as circunstancias, o persoal do ORAL só se desprazará ao Concello tomiñés para atender ás persoas contribuíntes, os días mércores, sempre que haxa citas concertadas e só estará na franxa horaria das citas.

Polo momento, na fase II de desescalada na que se atopa a provincia de Pontevedra e a Comunidade Autónoma de Galicia, os servizos de atención ao público que se prestarán nas oficinas unicamente serán aqueles que, ademais de ser considerados esenciais, sexan os que se poden atender por volume de afluencia de público no momento sanitario actual.

Tamén pode obtenerse cita previa a través dos seguintes enlaces:

WEB ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral

OVT: https://ovt.depo.gal/ovt/

SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia/