Peter Punk Pallaso chega este sábado a Tomiño, co seu espectáculo PUNKDEMIA Unha visión práctica dos novos tempos con alusión ás novas rutinas, os EPIs, equilibrios e moitas risas. Será ás 21.00h na Praza do Seixo

Dentro da programación cultural de verán, chega este sábado á Praza do Seixo, de Tomiño, PUNKDEMIA, de Peter Punk; un espectáculo que nace durante a corentena vivida nos últimos meses. Unha visión práctica dos novos tempos da man de Peter Punk Pallaso, con alusión ás novas rutinas, os EPIs, equilibrios e moitas risas. Será ás 21.00h na Praza do Seixo.

BRASSICA RAPA estará tamén EN CONCERTO en Tomiño, o 14 de agosto ás 22.30h, na Praza do Seixo. Trátase dunha “brass band” de rapazas cun repertorio variado de diferentes estilos que van dende grandes éxitos do pop e bandas sonoras de películas a cancións reivindicativas, formando unha agrupación versátil e dinámica que pretende encher de música rúas e locais. Mesturan a música instrumental coa voz mediante arranxos propios de temas populares.

ACUARIO chegará o venres 21 de agosto ás 21.00h tamén na Praza do Seixo. Un espectáculo de teatro, baseado no libro de poemas de María Canosa co mesmo título. O obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral.

Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva.

Despediremos agosto o venres 28, cun concerto da Agrupación Musical de Goián, que terá lugar na Praza do Seixo, ás 22.30h.