O Parque Acuático de Vila Nova de Cerveira abre as súas portas o 14 de xuño De acceso gratuíto, o parque funcionará até finais de setembro, de martes a domingo, de 10.00 a 12.30 e de 14.00 a 19.30 horas

Coa proximidade do verán, deuse a coñecer xa a data de abertura ao público do Parque Acuático de Vila Nova de Cerveira. Será o vindeiro 14 de xuño.
Veciño do “Aquamuseu” e á beira do Miño, este parque temático incorpora unha compoñente lúdico-pedagóxica singular, con diversións asociadas ao treito internacional de auga, con réplicas de canles, comportas, encoros, jatos e repuxos de auga. No marco da Eurocidade Tomiño-Cerveira, este parque acuático é un dos equipamentos públicos do que se pode beneficiar a veciñanza de Tomiño, coma ocorre tamén no caso da piscina municipal ou da escola de música.

De acceso gratuíto, o Parque Acuático de Vila Nova de Cerveira funcionará entre 14 de xuño e finais de setembro, de martes a domingo, entre as 10h00 e as 12h30 e as 14h00 e as 19h30, permañecendo pechado todos os luns para tarefas de mantemento.



X