O poeta galego Manuel María homenaxeado na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira

A Comunidade de Lectores de Vila Nova de Cerveira “Chá com Letras” celebra o seu sétimo aniversario cunha sesión especial dedicada ao poeta Manuel María, homenaxeado o Día das Letras Galegas 2016.

Porque o día de aniversario é sempre un día de conmemoración, os fieis participantes na Comunidade de Leitores son agasallados cunha acción moi peculiar para sinalar o 7º ano de existencia, ao mesmo tempo que procura captar potenciais interesados polo descubrimento do mundo da lectura.

Baixo o título “Manuel Maria cruza o Minho”, a biblioteca acolle unha sesión literaria de proximidade a este autor tan singular homenaxeado o pasado Día das Letras Galegas deste ano. Esperanza Vásquez é a narradora convidada que tratará de abordar o “Minho como união da Galiza com Portugal”, mostrando esta “artéria caudal” oferecida pela obra do poeta da Terra Chá.