O Programa “Cos Pés na Terra” da Escola EU Rural continúa con actividades sobre solos, podas e variedades de especies froiteiras A "Escola EU Rural" conta con financiación de fondos FEADER, e colaboran Concello de Tomiño e ACUBAM

Continúan durante todo este mes de setembro as actividades informativas e demostrativas que a Asociación de Desenvolvemento EU Rural promove a través do Programa formativo “Cos pés na Terra”, centradas no sector agrario.

Actualmente 20 alumnos e alumnas están a cursar en Tomiño e O Rosal unha actividade sobre preparación de solos, podas e cultivo de especies froiteiras atlánticas.

As actividades terán continuidade durante a vindeira semana con actos centrados na actividade empresarial e dirixidos ao emprendemento no medio rural.

A “Escola EU Rural” é unha ferramenta para a formación que impulsa accións como as que se encadran no actual Programa “Cos pés na terra”, que conta con financiación de fondos FEADER dentro do Marco do PDR de Galicia 2014 – 2020, e nos que  colaboran tamén o Concello de Tomiño e a entidade ACUBAM.

O prazo para inscribirse nas actividades do programa “Cos pés na terra” segue aberto para algúns dos cursos aínda pendentes de realizar. As persoas interesadas poden facer as súas preinscricións a través da páxina web www.eurural.org.