O punto de información do Espazo Fortaleza ofrece orientación turística e actividades de lecer O novo embarcadoiro adaptado, situado xusto en fronte ao punto de información, e o servicio de socorrista, fan máis seguras as praias fluviais

Un ano máis, o Punto Fortaleza de Goián, abriu as súas portas para que todas as persoas que se achegan ata alí ou ás praias fluviais, poidan contar con información e orientación turística e, ademais, servizos coma préstamo de xogos e libros, aluguer de kaiaks e bicicletas e actividades para os máis cativos ou para persoas con mobilidade reducida.

De xoves a domingo, de 16.30 a 20.30 hs., dúas técnicas atenden as demandas do público, proporcionando información e consellos sobre a mellor forma de aproveitar o tempo e os principais percorridos que facer en Tomiño e resto da comarca, como así  tamén, na veciña Vila Nova de Cerveira e resto da costa norte portuguesa.

Dende o comezo do mes de xullo, o Punto Fortaleza recibe a visita de numerosas persoas do Baixo Miño e tamén de turistas galegos, españois e portugueses (na súa maior parte); que destacan a beleza da contorna e os cambios levados a cabo en Tomiño cada ano que pasa; por exemplo, o novo embarcadoiro adaptado situado xusto en fronte ao punto de información, ou o servicio de socorrista, que fan máis seguras as praias. Así o testemuñan Tamara e Karina, as persoas responsables do Punto Fortaleza que asemade lembran a disposición de aseos e duchas, de balde, para a xente que visita o lugar, e un servicio de bar, nas proximidades.

Durante o que resta do mes de agosto, agárdase que a afluencia de visitantes sexa aínda maior e ofertarase tamén aluguer de kaiaks e bicicletas.

Ademais do préstamo de xoguetes, xogos de mesa, libros e revistas tanto para público infantil, coma adulto; se ofrecen, de forma gratuíta, unha serie de espazos para uso das persoas que visiten o Espazo fortaleza e as súas praias. Entre eles, un espazo de aleitamento, para as mamás e os seus bebés, ou un espazo de xogo infantil, no que nenas e nenos a través do xogo libre, desenvolven a súa creatividade e gozan da zona acondicionada para ese fin.