O púxil goianés Charly López logra outro título para el Spartam Team Consegue impoñerse ante Manuel jiménez no combate final da IX edición da velada de boxeo Concello do Barco, celebrada o pasado venres no Barco de Valdeorras

Charly López, integrante do Club Spartan Team, logrou impoñerse ante Manuel jiménez no combate final da IX edición da velada de boxeo Concello do Barco, celebrada o pasado venres no Barco de Valdeorras.
O goianés facía o 7º e último combate da noite (prato forte da velada), un choque intenso e con ritmo, no que finalmente se levaba a victoria.
O outro deportista do Spartan Team, Fabio Montenegro, xogou o 4º combate da noite ante un púxil local; sen conseguir a victoria, aínda que foi patente a súa evolución e esforzo por superarse.
O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, fai chegar os seus parabéns a Charly e demais compoñentes do club, polo seu esforzo e dedicación.
Na foto, de esquerda a dereita: Fabio Montenegro, Charly López e Ismael Pérez, compañeiro e competidor do Spartan Team facendo tarefas de adestrador desta volta.