O Sergas dota a Tomiño dunha ambulancia e amplía horarios en Baiona e Vigo

O tres ambulancias que até agora prestaban servizo doce horas en Vigo pasarán a prestar 14 horas

As tres ambulancias que prestan servizo 12 horas a partir de xullo farano durante 14.

O plan do Sergas para mellorar o transporte sanitario urxente por estrada permitirá que Tomiño conte cunha nova ambulancia que funcionará doce horas ao día e que Vigo, Baiona incrementen as horas de servizo.

Así, durante a tempada estival, nos meses de xullo e agosto, a ambulancia de Baiona operará durante as 24 horas mentres que agora faio durante doce. Tras o verán volverá funcionar no seu horario actual, de luns a xoves durante doce horas e en fin de semana con cobertura completa.

Ademais, en Vigo auméntanse dúas horas de servizo no tres unidades que até agora cobren doce horas de luns a xoves e con cobertura completa os fins de semana. Así, a partir de agora en lugar de doce horas faranse catorce. As outras tres ambulancias con cobertura completa manteranse como están.

Agora, informa o Sergas, co novo incremento pasarán de prestar servizo de 10 a 22 horas a facelo de forma graduada ao sete da mañá, outra ao oito e a terceira a partir do nove.

Este plan supón un investimento de 2,8 millóns de euros en toda a comunidade galega e as súas melloras entrarán en vigor no mes de xullo.

/ Foto: Vigoé