O Teixugo Luis Fernández participou na Copa do Mundo de Slálom celebrada esta fin de semana en Alemania O deportista, natural de Salceda, foi un dos tres representantes españoles na modalidade de canoa

Do 30 de agosto ao 1 de setembro tivo lugar en Markkleeberg, Alemania, a cuarta Copa do Mundo de Slálom. España acudiu ao evento co seu equipo sénior de slálom, do que formou parte Luís Fernández, deportista do Club Deportivo Miño-Teixugos.

O palista, natural de Salceda de Caselas, foi un dos tres representantes españoles na modalidade de canoa.

O venres 30, Luis fixo a súa primeira baixada para entrar entre os vinte primeiros e acceder a semifinais, fixo unha baixada correcta, pero algo lenta, que xunto con catro segundos de penalización por dous toques o deixaron fóra.

Nesa mesma mañá baixou por segunda vez e tampouco tivo a sorte da súa parte, e non conseguiu praza en semifinais.

Rematou a súa participación nesta copa no trixésimo quinto lugar.

Outra galega tamén formou parte do equipo, a salcedense do Club Piragüismo Penedo Te Importa, Ainhoa Lameiro, tamén na modalidade de canoa. Ainhoa conseguiu entrar en semifinais pero non nas finais, rematando no vixésimo quinto lugar. Do 6 ao 8 de setembro Luis acudirá á última Copa do Mundo desta tempada a celebrar en Praga, República Checa. Nesta ocasión tamén formará parte do equipo nacional o seu compañeiro de club Manuel Ochoa.

Informa: Rosa Fdez Carrera.