O tomiñés David Domínguez Lindo Campión Galego de Bádminton Sub 9 Os días 16 e 17 de febreiro, David disputará o Campionato Galego Sub 11, competindo con nenos e nenas dous anos maiores ca el, co fin de participar no Campionato de España

O tomiñés David Domínguez Lindo, de 8 anos de idade, vén de converterse en Campión Galego de Bádminton Sub 9, tras participar no campionato celebrado en Ourense os días 12 e 13 de xaneiro. O deportista logrou impoñerse tanto en individuais, coma en dobres masculino; nesta última proba, co seu compañeiro Guillermo Valdés.

Os días 16 e 17 de febreiro, David disputará o Campionato Galego Sub 11, en Ponteareas, competindo con nenos e nenas dous anos maiores ca el, co obxectivo de participar (nesa categoría) no Campionato de España, que este ano se celebra en Galicia.
O deportista segue os pasos de seu irmán Hugo Domínguez Lindo, que comezou no bádminton hai uns anos, e que proximamente participará no Campionato Galego Sub 17 e Sub 15, e no Campionato de España.



X