O Tomiño FC Femenino xógase o ascenso á Primeira División Galega despois de seis anos A cita é este domingo (12 de maio) ás 16.30 horas no Campo de Fútbol do Alivio

Este domingo, 12 de maio, ás catro e media da tarde, o Tomiño FC Femenino ten outra cita histórica: despois de seis anos, o club terá a opción de voltar á Primeira División Galega.

Hai 3 semanas conseguiron encher o campo do Alivio para que as xogadoras puideran conseguir o título de liga, Agora piden o apoio de toda a vila para conseguir un bo resultado neste último encontro de ida.

Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, desexan ao equipo a mellor das sortes.



X