O Tomiño F.C. Feminino xógase este domingo, no Campo do Alivio, o título de Campión de Liga Ás 17.00 horas comezará o partido co Atlántida Matamá "B", con entrada libre e gratuita

O Tomiño F.C. Feminino xoga o vindeiro domingo contra o Atlántida Matamá “B” un encontro decisivo, xa que de gañar, converteríase en Campión de Liga 2ª División. Esta ansiada victoria permitiríalle enfrontar cunha maior marxe de tempo a fase de ascenso.

As capitanas do equipo tomiñés, Sara Álvarez, Miriam Estévez, Ánxela Fernández e Lucía Guerner, explican no convite enviado ao Concello, que conseguir o mencionado triunfo suporía “unha recompensa á regularidade dunha tempada chea de traballo, ilusión e sacrificio, nun deporte “rey” coma o fútbol, que cada vez máis mulleres practicamos en Tomiño”.

Ás 17.00 horas comezará o partido co Atlántida Matamá “B”, con entrada libre e gratuita.