O “Twister Jam” volve a Goián o sábado por todo o alto Tras o éxito do ano pasado, o evento conquistará de novo as pistas de skate da parroquia nunha xornada chea de actividades e música

O próximo sábado, 30 de xullo, terá lugar en Goián unha nova edición do “Twister Jam”, evento que xa conquistou as pistas de skate da parroquia no 2021 baixo o nome “Eruption Jam”. A xornada desenvolverase en dúas seccións diferenciadas, a primeira delas, focalizada no skate (“Skate on air”) e a segunda (“Ogrippers night club”) na música de artistas como Pauliña ou Royce Rolo, entre outros.

En canto ao “Skate on air”, comezará co taller do Viejo Lobo School (de 11.00h a 12.30h), para continuar co Twisty Jam Sub14 (de 12.30h a 14.30h). A sección finalizará co Twister Jam, dende as 17.00h ata as 21.30h. Todas as actividades do “Skate on air” terán lugar no skatepark de Goián.

Por outra banda, a Praza de Goián acollerá o “Ogrippers night club” dende as 22.00h ata as 6.00h, dando comezo ca actuación de Pauliña (de 22.30h a 00.00h), seguida de Jitaaa x Aldxx, Home Fosforos e J Pharaday (de 00.00h a 1.30h), Royce Rolo (de 1.30h a 3.3oh) e Dj Rapante (3.30h ata o final).

Alén diso, no evento haberá tamén un mercado de skateboarding, produtos de gastronomía, bisutería, artesanía, etc.