O Xulgado de Paz de Tomiño cambia de enderezo de forma provisional As novas dependencias, en Avenida Gondomar Nº34, albergan tamén parte do arquivo municipal

As oficinas do Xulgado de Paz están funcionando dende hai varias semanas, nun local alugado polo Concello na Avenida Gondomar Nº34 (tendo entrada tamén pola rúa da Feira.

As novas dependencias de carácter provisional albergan tamén parte do arquivo municipal e a oficina de Aqualia, até que o edificio da futura biblioteca (onde funcionaban) estea rematado.

Dito inmoble, situado na rúa Colón, a carón do mercado municipal, foi baleirado recentemente e será derrubado en breve, para poder comezar as obras da futura biblioteca; proxecto no que vén traballando o Concello dende hai varios anos.

No caso do arquivo, os expedientes serán trasladados novamente cando se remate o novo edificio, aloxándose na planta baixa das novas instalacións, xunto á Aula CeMit e outras dependencias.