Mediante o xogo imos achegarnos ao colaxe manual e descubrir así as sorprendentes posibilidades de expresión que nos ofrece esta técnica. Veremos recursos e materiais para obter resultados fermosos e orixinais, tamén coñeceremos a obra de artistas referentes que nos inspirarán. Non é necesaria experiencia previa e, se che gusta a plástica ou as artes gráficas este é o teu taller. Vas atopar un magnifico recurso para expresarte e levarás unhas creacións sorprendentes.
Temporalización: 18 de setembro
Horario: venres, de 19h a 21h
Lugar: OMIX TOMIÑO.
PREZO: 15,00€
