Obradoiro de arquitectura práctica para non profesionais

banner-axenda

Este obradoiro proporcionará ás persoas participantes formación e información teórico-práctica do SISTEMA LUPO de creación arquitectónica co obxectivo de desenvolver despois un programa que dea a coñecer á mocidade a arquitectura que nos rodea. As rapazas e rapaces participantes gozarán coa didáctica da práctica arquitectónica, que pasará por descubrir os segredos das obras máis representati-vas do patrimonio construído en Tomiño.

 

Sábado 6 de outubro, de 10:30 a 13:30 h
Grupo infantil de 3 a 12 anos/Grupo mocidade de 16 a 35 anos
Casa de Cultura
Inscrición: 10€