Obradoiro de arte: “Creando con Pilar Alonso”

concello-tomino

Neste curso de iniciación ao debuxo botánico descubriremos as plantas e flores que medran á beira do Miño, ao seu paso polo noso concello, da man da artista Pilar Alonso. Será un traballo de campo para aprender a debuxar todos eses pequenos tesouros. A técnica será libre (lapis, acuarela, pastel, etc.).

 

-> Os días 10 e 11 de agosto
-> De 11.00 a 13.00 h
-> A partir dos 16 anos
-> La Casita Roja, estudio da artista. Hospital (Tomiño)
-> Prezo: 35 €

Formulario de inscripción