OBRADOIRO DE ARTE TÉXTIL: HISTORIAS DE TEA (10H)

Historias de tea é un obradoiro de arte e costura para a visibilización da muller na arte. Quizais, as primeiras narradoras de historias, as máis antigas, fosen as mulleres mentres cosían. Chama a atención que haxa tantos termos en común entre os textos e os textís: bordar un discurso, o nó dunha historia, o fío do relato… Este é un obradoiro de educación artística de carácter teórico-práctico consistente na creación dunha obra de arte colectiva partindo das historias individuais relatadas por cada unha das persoas participantes.

 

Temporalización: 7, 14, 21 e 28 de marzo.

Horario: sábados, de 11h a 13.30h

Lugar: OMIX TOMIÑO.

PREZO: 20,00€

Inscripción