A cianotipia é unha técnica fotográfica sen cámara, por contacto directo. Con ela podemos realizar impresións de fotogramas, plantas ou ampliar negativos fotográficos. O procedemento da cianotipia é moi sinxelo: empregaremos químicos de moi baixa toxicidade para realizar a emulsión e o revelado faise con auga. Non precisa cuarto escuro, só dun lugar onde non entre a luz solar (pero si pode haber luz artificial!).
Temporalización: 18 de xullo
Horario: sábado, de 11h a 13h
Lugar: OMIX TOMIÑO.
PREZO: 15,00€
