Dálle a benvida á época máis máxica do ano aprendendo a facer adornos de Nadal con moi pouco: papeis xeitosos, tesoiras, pegamento, lazos e a túa imaxinación!
Descubrirás técnicas sinxelas de corte, pregado e pegado para facer adornos, grilandas, candeeiros, caixas e sobres de Nadal.
Temporalización: Sábado 13 de decembro de 11:30h a 13:30h (duración total 2h)
Lugar: Espazo Isaura Gómez
Idades: terá preferenza a mocidade de 12 a 35 anos.
Prezo: 10€
