Obradoiro de Lettering/Caligrafía

Gústache debuxar? Gústache a caligrafía? Pois este é o teu curso!

 

O lettering é a arte de crear composicións con letras derivadas. Realizando este curso terás a oportunidade de iniciarte neste marabilloso mundo. Eleva a outro nivel as túas tarxetas de felicitación, as portadas dos teus traballos, letreiros ou o que che pete!

 

Data de inicio: 15 ou 17 de setembro (depende do día máis demandado).

Horario: de 19:00h a 21:00h

Idade: preferentemente mocidade de 12 a 35 anos.

Lugar: OMIX de Tomiño

Prezo: 15 euros CO MATERIAL INCLUÍDO.