Obradoiro online de música crítica: é tóxico o mainstream?

INSCRICIÓN GRATUITA

 

O obxectivo principal deste obradoiro é que a mocidade teña información acerca dos contidos tratados na música “de moda”, tanto nas letras coma visualmente nos videoclips, centrándonos nos valores que fomentan as principais estrelas desta industria, relacionando eses contidos coas consecuencias no desenvolvemento persoal e social. Tamén coñeceremos o papel hexemónico que representa esta industria “mainstream” na sociedade.

 

Despois de desgranar esta realidade accederemos a tamén alternativas contraculturais, e analizaremos por qué non están respaldadas desde as principais plataformas comerciais. Veremos exemplos de discursos musicais onde se fomentan valores máis positivos e daremos ferramentas para impulsar unha iniciativa, entre a mocidade participante, para construir cancións onde podan expresar libremente discursos máis axeitados e acordes a súa realidade, sobre ritmos dos estilos máis escoitados actualmente entre a rapazada (trap e reggaeton).

 

Inicio: xoves 14 de maio ás 18:00h.

Duración total 2,5 horas.

Formulario de inscrición

 

O formulario de inscrición está pechado…