Obradoiro silvestre. Prensado de flores

Obradoiro Silvestre Prensado de Flores

Neste obradoiro gozaremos dun paseo no exterior recolectando flores e plantas da nosa contorna. Aprenderemos todo o proceso de secado das flores cunha prensa de madeira que ensinaremos a construír. Traballaremos tamén na selección e composición das flores para crear o noso propio mini xardín nun bastidor. É unha moi boa ocasión para traballar a mirada e a creatividade mentres gozamos dunha actividade ao aire libre.

 

Data: Xoves 16 e 23 de xullo.

Horario: De 10.00 a 13.00 horas.

Dirixido á mocidade de 12 a 35 anos.

Prezo: 5 euros.