OFERTA DE EMPREGO URXENTE PARA TRABALLADORES/AS FORESTAIS O Concello de Tomiño, contratará en breve dúas persoas traballadoras forestais en xeral, a xornada completa, durante 9 meses. O proceso selectivo farase a través da Oficina de Emprego de Tui, onde hai que inscribirse co código 64101062 e categoría 00.

O Concello de Tomiño recibe unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no Medio Rural (Aprol Rural), de 22.500 euros, para a contratación de 2 traballadores forestais en xeral, durante 9 meses, a xornada completa, sendo a aportación municipal de 5.093,39€.

Este proceso selectivo, realizarase a través da Oficina de Emprego de Tui, entre as persoas desempregadas de Tomiño que estean inscritas co código de ocupación 64101051 na categoría 00.

Os requisitos para poder inscribirse nesta categoría son: poder acreditar experiencia como oficial de 1ª ou 2ª na devandita ocupación, ou posuír un Ciclo Formativo de Grao Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, ou titulación equivalente. Ademais, serán requisitos para acceder a estes postos, estar en posesión do Graduado Escolar ou Graduado en ESO, e de carné de conducir tipo B.

Todos aqueles interesados ou interesadas que reúnan os requisitos, deben dirixirse á Oficina de Emprego de Tui, á maior brevidade.