Orde do Día do Pleno que terá lugar esta tarde ás 20.00 horas, no Concello de Tomiño Na sesión, de carácter ordinario, tratarase a aprobación inicial dun regulamento de emerxencia social para axudar ás familias en risco de exclusión

Orde do Día do Pleno Ordinario que terá lugar esta tarde ás 20.00 horas, en primeira convocatoria, ou ás 21.00 en segunda, no Salón de Plenos do Concello de Tomiño:

1. Aprobación actas sesións anteriores.
2. Aprobación definitiva Contas 2017.
3. Aprobación inicial Regulamento de emerxencia social.
4. Adenda Eurocidade.
5. Aprobación inicial modificación da Ordenanza municipal da xestión da biomasa.
6. Dar conta decretos da Alcaldía.
7. Rogos e Preguntas.