os atletas álex sierpes e ariana gonzález triunfan e lideran o atletismo trega de tomiño no xv cros internacional de atapuerca A proba celebrouse nas inmediacións do xacemento burgalés, coa participación de 6500 atletas do país e do estranxeiro

A pasada fin de semana, celebrouse na serra de Atapuerca (Burgos) o XV Cross Internacional, que congregou aos mellores especialistas tanto a nivel nacional como internacional, no que participaron máis de 350 equipos e máis de 6500 atletas, batendo marcas de participación, con máis de 20.000 persoas ao redor do circuíto.

O club Atletismo Trega de Tomiño levou un nutrido grupo de atletas de diversas categorías.

ÁLEX SIERPES PEREIRA, impulsouse con moita claridade na categoría sub12 masculino nunha proba de 1600m, cun crono de 6’29”, que dominou de principio a fin sen darlle posibilidades a ningún rival, e superando ao 2º clasificado con máis de 8”.

Seguiríalle ARIANA GONZÁLEZ VERDE na categoría máster feminino, asinando un sensacional 5º posto que lle faría subir ao pódium nos 2000 metros cun tempo de 7’23”.

YERAY DACUÑA SIERPES, quedou en 6ª posición entrando a meta, na categoría sub10 masculino. AARÓN DACUÑA SIERPES quedou coma 137 clasificado, e TEO DOMINGUEZ IGREXAS 212 clasificado, nun circuíto de 800 metros.

Na categoría sub16 feminino MARCELA MORGADO RODRÍGUEZ faría unha gran actuación quedando no posto 20, nun circuíto de 2000 metros cun tempo de 7’35”. De igual forma, espectacular representación a de CHRISITAN SIERPES PEREIRA, clasificado no posto 28.

No sub12 feminino PAULA ROCHA BAUTISTA foi a 76 clasificada, na categoría sub14 feminina, sendo a máis concorrida das nosas atletas. A clasificación foi a seguinte:

ELISA MORGADO RODRÍGUEZ (posto 62),

CARMEN MAGALLANES PÉREZ (70 clasificada),

MARA ROMEU VICENTE (posto 118),

ANTÍA RODRÍGUEZ OTERO (clasificada 165),

LARA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ (posto 218),

CARLA ROCHA BAUTISTA (279 clasificada)

Na categoría Sub 10 feminino, participou AMADA MARTÍNEZ SIERPES, 71 clasificada.

Os nosos representantes do Máster masculino foron:

EDUARDO GARCÍA FERNÁNDEZ, 56 clasificado.

CARLOS FERNÁNDEZ ÁLVAREZ (posto 73) tamén participou na carreira popular masculina quedando de 86 clasificado.

BORJA CADILLA LOMBA, 208 clasificado.

Na categoría ABSOLUTA masculina, impresionante posto de ROBERTO MARTÍNEZ TRIGO, 171 clasificado nun circuíto de 9000metros cun tempo de 32’34”.

RUBÉN ALONSO PEREIRA (DNF), proba que foi gañada polo principal favorito JACOB KIPLIMO.

Dende a directiva do club, agradecen a pais, familiares, adestradores, que fixeran posible esta viaxe e de maneira especial ao concelleiro de deportes Ismael Troncoso, pola súa colaboración; tamén a todos os socios, por facer posible esta experiencia.