Os Bolechas chegan a Tomiño cunha exposición moi especial A mostra "GATIÑOS, GHATIÑAS, GATÍOS: xeitos de falarmos o galego" poderá visitarse na Praza do Seixo até o día 15 de novembro.

Os Bolechas  chegan a Tomiño! Fanno cunha exposición de balde na que ensinarán as diferentes variedades dialectais do galego dun xeito multisensorial, pedagóxico e divertido. Na Praza do Seixo do 5 ao 15 de novembro. Para toda a familia.

EXPOSICIÓN BOLECHAS GATIÑOS, GHATIÑAS, GATÍOS: xeitos de falarmos o galego.  “Os Bolechas-Variedades Dialectais”, co apoio da Deputación Provincial.
Non é unha exposición ao uso, é unha mostra que a través do universo Bolechas convida, a través de xogos, a gozar, participar e aprender as diferentes variedades dialécticas de Galiza. Fomenta a participación e inmersión, é multisensorial, pedagóxica, divertida e colaborativa. Ten dende unha área inmersiva e multisensorial de luces, cores e sons ata unha zona de audicións e gran karaoke!
Data: do 5 ao 15 de novembro.  Horario: de luns a venres de 10 a 13.30h e de 16h a 20h, sábados e domingos de 11h a 14h e de 17h a 21h  Idade: Público Familiar.  Lugar: praza do Seixo (carpa).  Prezo: De balde.

A inauguración terá lugar o luns 5 de novembro ás 11.30 horas na Praza do Seixo (colocarase unha carpa).

Organiza Concello de Tomiño en colaboración coa Deputación Provincial.