Os Reis Magos visitarán todas as parroquias de Tomiño este mércores O Concello organiza unha cabalgata itinerante para que toda a veciñanza poida desfrutar de maneira segura e sen aglomeracións

Os Reis Magos percorrerán este mércores todas as parroquias de Tomiño. O Concello organiza este ano unha cabalgata itinerante para que toda a veciñanza poida desfrutar de maneira segura e sen aglomeracións da visita dos tres magos. A comitiva comezará ás 16.00 h en distintos puntos do municipio e rematará ás 18.00 horas na praza do Seixo, onde se despedirán de Tomiño coa amenización de Arantxa Treus e algunhas sorpresas.

A alcaldesa, Sandra González, explica que no Concello “queremos invitar aos Reis Magos a desfrutar dos nosos barrios e da nosa xente dun xeito seguro”, e dunha forma que “permitirá aos nenos e nenas coñecelos de xeito máis cómodo e tranquilo”. Ademais, engade que os Reis percorrerán cada barrio con moito calma polo que “haberá tempo dabondo para recibir agasallos e uns números para participar no sorteo de tres patinetes, unha bicicleta e catro bonos para a Granxa Escola Corazón de Carballo que se publicará nas redes sociais do Concello”. 

Para axilizar o percorrido e evitar aglomeracións o Concello organizou un total de cinco itinerarios que pasarán por diferentes puntos de Piñeiro, Taborda, Hospital, Santa María de Tebra, San Salvador de Tebra, Vilameán, Sobrada, Currás, Amorín, Carregal, Forcadela, Vilachán, Estás, Figueiró, Pinzás, Vilachán do Monte, Cristelos, Barrantes, Goián e Tomiño.  

O Concello tamén quere agradecer a colaboración das asociacións polo seu traballo e compromiso con esta actividade.