Roteiro Pedra Furada

Os Roteiros do Miño continúan este domingo coa ruta do Alto da Pena Nesta andaina, de 9 km de percorrido e dificultade moderada, as persoas participantes poderán gozar das paisaxes cara ao Val do Miño e o seu esteiro

A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa coa súa xeira de Roteiros do Miño 2021, un proxecto co que se busca dar a coñecer camiñando a riqueza paisaxística, cultural, patrimonial, ambiental e natural existente a ambas beiras do Miño. Esta nova ruta celebrarase despois de pechar setembro co roteiro circular da Pedra Furada, un percorrido pola serra do Argallo que acadou novamente un notable éxito de participación.

A seguinte actividade será o vindeiro domingo 10 de outubro, coa ruta Alto da Pena, unha andaina de aproximadamente 9 quilómetros de distancia, circular e de dificultade moderada na que as persoas participantes poderán gozar das deslumbrantes paisaxes cara ao Val do Miño e o seu esteiro. A ruta comezará na Capela da Nosa Señora Da Pena, en Loivo, ás 09.00 h (hora portuguesa) e chegará ata o punto máis alto de Vila Nova de Cerveira, o Alto da Pena, de 644 m de altitude. A partir de aí durante todo o descenso poderá verse a paisaxe que brinda o río Miño ata volver á capela arredor das 13.00 horas (hora portuguesa).

Os Roteiros do Miño aínda teñen unha cita máis pendente: o sábado 23 de outubro, data na que se realizará á Ruta das Fontes, con saída ás 09.30 horas (hora galega).

Para poder participar en calquera destas rutas é preciso reservar praza enviando un correo electrónico a roteirosminho@gmail.com engadindo nome, data de nacemento, teléfono de contacto e enderezo electrónico.