Os técnicos da Xunta atenderán ao público o día 24 de xullo para aclarar dúbidas sobre a construción do 2º treito da VAP Tui-A Guarda É necesario solicitar cita previa chamando ao Concello. O prazo para alegacións remata o 14 de agosto

O Concello de Tomiño informa que os técnicos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, estarán a disposición da veciñanza afectada polo proxecto de construción do 2º treito da Via de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda, o día mércores 24 de xullo, para consultas e resolución de dúbidas.

É preciso solicitar cita previa no teléfono do Concello (986 62 20 01), marcando a extensión 4.

O prazo para presentar alegacións remata o mércores 14 de agosto.

O horario de atención ao público será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas, no Salón de Plenos do Concello.