Os teixugos seguen a acadar premios en competicións estatais

Este verán está a ser unha boa tempada para os deportistas do Club Deportivo do Miño.
Manuel Ochoa, Campión de España junior de Slalom, bronce para Emilio Rodríguez na categoría K1 veteranos e bronce para Ariadna Pereira na categoría infantil.

Nos últimos días os Teixugos do Club Deportivo do Miño veñen de acadar varios triunfos en competicións estatais. O Teixugo Manuel Ochoa proclamouse Campión de España Junior de Slalom na modalidade de Caiac no Campionato de España de slálom en Sort, que é a derradeira e máis importante proba da Liga española de slálom olímpico, ao que acudiron cerca de 300 deportistas de todo o estado. Neste mesmo campionato acadaron moi boas posicións as deportistas Laura Soutelo, 9ª en K1 muller junior, Andrea González,17ª en k1 muller senior, Marco Patiño, 20º en K1 home cadete, Brais Castro, 4º na mesma categoría e rozando o bronce, Luis Fernández 4º en C1 Sénior e Emilio Rodríguez, Bronce en K1 veteranos.

Pola súa banda Ariadna Pereira acadou o bronce no Campionato de España de Promoción en Sort, Categoría infantil, o que pon o brochea unha tempada de excelentes resultados para o clube tomiñés.

Dende o Concello de Tomiño quérese resaltar a importancia e o valor destes resultados, e a satisfacción de contar en Tomiño con bos deportistas que están a acadar resultados moi bos en campionatos estatais ao máis alto nivel. O Concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltan o orgullo do concello e a felicitación non só polos resultados obtidos senon sobre todo polo traballo e compromiso durtante todo o ano, promovendo o deporte dende as idades máis tempranas, e os valores e estilo de vida saudable que acompañan á práctica deportiva.

teixugos-2 teixugos-1 teixugos-3 Ari-Pereira-en-Sort