Pratos típicos para conectar con todas as oportunidades que ofrece Europa

Pratos típicos para conectar con todas as oportunidades que ofrece Europa A OMIX de Tomiño, oficina multiplicadora Eurodesk, puxo en marcha a iniciativa #SaboreaEuropa ao abeiro do programa europeo Time to Move

Concienciar á mocidade das oportunidades de mobilidade que existen na Unión Europea. Ese é o obxectivo de Eurodesk, unha rede europea de centros de información, formación e aprendizaxe que ten na OMIX de Tomiño unha das catro oficinas multiplicadoras de toda Galicia, a única na provincia de Pontevedra.

Cun alto grao de implicación neste programa, a OMIX tomiñesa puxo en marcha este ano a campaña #SaboeaEuropa, unha actividade de dinamización que “pretende dar a coñecer o pratos típicos de diferentes recunchos de Europa ao tempo que se informa sobre algunha das moitas posibilidades que ofrece a mozos e mozas, dende concursos europeos, o programa de mobilidade Erasmus+, o voluntariado do Corpo Europeo de Solidariedade, bolsas nacionais e internacionais, prácticas en diferentes países e moito, moito máis”, destaca a alcaldesa, Sandra González.

Pratos típicos para conectar con todas as oportunidades que ofrece EuropaAlemaña e Romanía foron as primeiras participantes neste innovador programa que conecta gastronomía e información. A alemá Jessica Schröedes, que realizou as súas prácticas laborais na OMIX de Tomiño a través do programa Erasmus+ e que hoxe en día é a subdirectora da oficina de estranxeiría da cidade de Lahr participou achegando unha foto e a receita do Schweinebraten (Roast pork) e do Kartoffelknödel (potato dumplings), un prato típico da Baviera alemá.

Tamén participou no #SaboreaEuropa Sandra Silvi, unha rapaza romanesa residente en Bucarest que estivo un ano en Tomiño como voluntaria da OMIX e aprendendo castelán e galego e que, actualmente, imparte clases de idiomas e ten o seu propio negocio. Silvi compartiu a receita do Sarmale, un prato típico de Romanía.

A OMIX de Tomiño convida a toda a mocidade a participar nesta iniciativa que nace ao abeiro do Time to Move (Tempo de moverse), un proxecto a través do que se organizan un conxunto de actividades presenciais e en liña por parte dos máis de 1200 profesionais das entidades colaboradoras e adscritas con representación en 34 países.

A Rede Eurodesk, á que pertence a OMIX de Tomiño dende hai anos, centra a súa atención na información relativa ás áreas de educación e formación co fin de que a mocidade se involucre en diferentes actividades europeas, accedendo á información de forma directa e sinxela, o que fomenta un sentimento de identidade europeo e abre unha morea de oportunidades. Os postos de Eurodesk son chamados Multiplicadores Cualificados e son oficinas locais repartidas por vilas e cidades de toda Europa que dan a coñecer a información a mozos e mozas, tanto presencialmente como a través de ferramentas tecnolóxicas.

Pratos típicos para conectar con todas as oportunidades que ofrece Europa