Preto de cen nenas e nenos disfrutan do campus de fútbol de Tomiño e aprenden sobre prevención de lesións e igualdade no deporte As xornadas celébranse ata o 28 de xuño nos campos de fútbol de Carballa e do Regatiño (Goián)

Preto de cen nenas e nenas de entre 4 e 16 anos están a participar dende o pasado luns no campus de fútbol organizado polo Concello de Tomiño e que se celebra nos campos de fútbol da Carballa (Tomiño) e do Regatiño (Goián). Estas xornadas, que xa son un referente a nivel deportivo nos veráns da comarca do Baixo Miño e contan co financiamento da Deputación de Pontevedra, serven para que as rapazas e rapaces coñezan as tácticas e técnicas dun dos deportes con máis adeptos no municipio. O pasado martes recibiron a visita de Sara Tui, xogadora da primeira división femenina no clube Unión Deportiva Granadilla Tenerife Egatesa. A centrocampista galega entrenou xunto cos participantes no campus e ensinoulles algunhas das claves para triunfar no mundo do fútbol.

Pero o Concello de Tomiño considera que o campus ten que ir moito máis alá que aprender a xogar ao fútbol. Por iso programa unha serie de actividades para que as nenas e nenos fora do terreo d exogo. Unha charla sobre a igualdade no mundo do deporte, outra sobre a prevención de lesións e un obradoiro de primeiros auxilios, figuran entre as actividades programadas.

“Ademais de ensinarlles cousas relacionadas co fútbol, tamén queremos que aprendan sobre valores como a deportividade ou a igualdade”, asegura o concelleiro de Deportes de Tomiño, Ismael Troncoso. A clausura do campus será o sábado 28 de xullo.

Na súa programación de verán, o Concello de Tomiño inclúe, ademáis do campus de fútbol, actividades de tenis,  pádel, rugby, piragüismo, atletismo e balonmán.