“Preto de ti! Mulleres artistas a pé de rúa”, é unha exposición comisariada pola artista tomiñesa Conchi Garrido e que forma parte dos actos organizados con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller 2022. A mostra de arte contemporánea feminina que estará nos PIM (Puntos de Información Municipais) das 15 parroquias tomiñesas durante todo o mes de marzo, pretende chegar a arte á xente de a pé, e ao mesmo tempo, solventar o obstáculo da gran dispersión do rural no municipio.