04 Ago Programa depoEMPRENDE
A Deputación de Pontevedra desenvolverá o programa de Fomento do Emprendemento Xuvenil da provincia de Pontevedra depoEMPRENDE durante o último cuatrimestre deste ano 2016. Para isto conta coa colaboración da nosa empresa para a fase de captación de beneficiarios. Estes serán 120 mozos e mozas da provincia de Pontevedra menores de 30 anos, coas seguintes características:
- Inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsealta.html).
- Sen ocupación.
- Sen estar integrados nos sistemas de educación ou formación.
O programa levarase a cabo nos espazos dos viveiros da rede de Incyde en Barro-Meis, Lalín, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía e Tui.
Adxuntamos a información do programa así como os materiais divulgativos co obxectivo de que, na medida do posible, nos preste a súa axuda na difusión do mesmo ben a través de redes sociais, portal web ou directamente en potenciais beneficiarios. Agradeceremos toda acción de difusión de DepoEmprende.
Poñémonos á súa disposición para resolver cualquiera dúbida, neste mismo correo electrónico ou no teléfono 981 160 128.
Inscríbete
Archivos adjuntos: