Programas a actividades da Deputación de Pontevedra para facer dende a casa Aves, viaxes e campañas, entre as propostas para evitar o aburrimento

A  Deputación de Pontevedra, a través da súa Presidenta Dona Carmela Silva,  quere darvos as grazas, a todos e a todas, polo esforzo e o gran traballo que estades a realizar para os cidadáns.

Dada a situación especial na que nos atopamos, nestes momentos onde a alerta sanitaria obríganos a quedarnos nas nosas casas, cremos que podemos facer máis levadío o noso peche e achegar as Rías Baixas as nosas vidas.  Por iso queremos facervos partícipes das diferentes accións que se están a levar a cabo desde a administración provincial.

 

Aves desde a casa:

Así, e sen movernos de casa, poderemos desfrutar do inicio da primavera, do seu aire fresco e da luz dos días soleados a través duns seres que si nos achegarán a ela: as aves. A iniciativa consiste en animar aos cidadáns dos nosos pobos e cidades a saír ao balcón ou á xanela e fixarse nas aves que teñen á súa ao redor e anotar as diferentes especies que desde a súa casa detectan. Para iso desenvolvéronse uns textos explicativos e unha lámina que axuntamos, e que serve de axuda para identificar as 20 aves comúns que podemos observar nas zonas urbanas da provincia de Pontevedra. Por suposto, podedes promocionar esta acción nas vosas redes e invitar a vosa veciñanza a participar.

SEO_Aves desde mi ventana

Rías Baixas desde a casa:

Na web de Turismo Rías Baixas www.turismoriasbaixas.com, temos un xogo de preguntas para animar á xente a coñecer o noso destino. A iniciativa consiste en animar ós cidadáns a responder a tres tipos diferentes de cuestións: ubicacións, verdadeiro o falso y personaxes. Convidámosvos a compartir a web e a animar a xente a participar no xogo.

Campaña #21Days21Destinations:

O hashtag #21Days21Destinations surxiu a través dunha blogueira keniata. As redes sociais de Turismo Rías Baixas únense á acción. A idea é compartir experiencias do noso destino por comarcas, ilustralo con fotografías e invitar á xente a compartir as súas viaxes en Rías Baixas para inspirar a outros futuros viaxeiros. Contactamos con varios blogueiros que visitaron a nosa provincia para que nos apoiasen na acción, e así está sendo, polo que estamos tendo datos moi positivos. Por iso podes unirte á iniciativa utilizando es hashtag e nomeando a Turismo Rías Baixas no post.

Viaxa Mañá:

Agora é momento de quedar na casa, de parar este virus cumprindo as medidas adoptadas e de recoñecer o enorme esforzo que está a facer o sector turístico para que viaxemos mañá e para que disfrutemos da nosa natureza, a nosa gastromía e a nosa cultura. Por iso lanzamos o video Viaxa Mañá para recoñecer a un sector que nos vai seguir ofrecendo calidade, confianza e maravillosas experiencias e para  apelar a conciencia responsable que debemos ter neste momento.

 

Desexamos que vós e as vosas contornas familiares, de amigos, de compañeiras e compañeiros atópense ben porque neste momento os máis importante sen dúbida son as relacións humanas e salvagardar a saúde.

Turismo Rias Baixas – Info.riasbaixas

Turismo Rías Baixas
Turismo Rías Baixas
Praza de Santa María, S-N. Pontevedra
36071 PONTEVEDRA

Tlf: +34 986 804 100
Mail: info.riasbaixas@depo.es
Mail departamento: info.riasbaixas@depo.es
Web da DeputaciónWeb Turismo Rías Baixas