BALEIRADO DE FOSAS SÉPTICAS OU POZOS NEGROS

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 22 de decembreo de 2017 Núm. 244 recollese a ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos de limpeza de pozos negros e fosas sépticas. Pode descargar dito boletín no seguinte enlace: BOPPO. 22-12-2017 Núm.244

 

 

Pasos a seguir para solicitar o Servizo de limpeza de Fosas Séptoicas e Pozos Negros:

uno
uno
flecha

O titular debe ir a AQUALIA para obter un certificado de non estar conectado á rede de saneamento ou estar situado a máis de 50 metros (é obrigatorio conectarse neste caso).

 

AQUALIA:

  • Horario: mércores e os xoves de 9:00 a 13:00 h.
  • Enderezo: Colón, s/n – 36740 – Tomiño (Pontevedra).
  • Teléfono de Atención ao Cliente: 902 196 019.
dos
dos
flecha

O titular da fosa séptica ou pozo negro debe pasar polo Concello e cubrir o ANEXO XVII.a. PROCEDEMENTO. BALEIRADO DE FOSAS SÉPTICAS EN DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS XESTIONADAS POR AUGAS DE GALICIA.

  • Identificación do titular da fosa (nome, apelidos e NIF). Entregará copia DNI.
  • Datos da fosa séptica (enderezo).
  • Resolución da autorización de baleirado da fosa séptica. (Dende oficinas xerais envíase fax ou comunicación similar a Augas de Galicia para que proporcionen nº de resolución da autorización (IMPRESCINDIBLE. Sen isto NON SE PODE BALEIRAR). Esta autorización dará lugar a un canon anual que cobrará Augas de Galicia ao usuario.)
  • A declaración ten que ir asinada.

 

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA: ANEXO XVII.a (Procedemento AU230Q)

tres
tres
flecha

O titular debe inscribirse no Rexistro de Fosas Sépticas e Pozos Negros do Concello de Tomiño.

 

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA: BFSPZ-C: Inscrición no censo municipal de fosas sépticas

cuatro
cuatro
flecha

O titular debe pagar PREVIAMENTE as taxas correspondentes (20 euros polos primeiros 4m3 e 40 euros para o resto, dentro do mesmo ano natural). Coller impreso en intervención ou acceder vía web.

 

*Moi importante: a capacidade máxima da cuba é de 4m3 (só se baleirará, por tanto, ese volumen en cada viaxe e, sempre en función da taxa que teña abonado o usuario previamente).

 

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA: Taxa de baleirado de Fosas Sépticas

cinco
cinco
flecha

O titular debe cubrir a solicitude de Baleirado de Fosa Séptica ou Pozo Negro.

 

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA: BFSPZ-S: Solicitude de baleirado de fosa séptica ou pozo negro

seis
seis
flecha

Unha vez no Concello (oficinas xerais), contemos con toda a documentación e o número de resolución de autorización, procedemos a avisar ós operarios de que se vai proceder ó baleirado e a chamar por teléfono ó/á usuario/a para avisalo/a do día e hora de recollida. O usuario deberá asinar o formulario que lle presente o operario conforme se ten realizado o baleirado correspondente.

siete
siete

Despóis do baleirado, o usuario titular da fosa séptica ou pozo negro poderá pasar polo concello, ou solicitar que lle sexa enviada (por correo postal ou electrónico), unha copia da realización do baleirado e aceptación do seu baleirado por parte da EDAR.

Section 2
Empty section. Edit page to add content here.