Publicadas as axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar O prazo de presentación de solicitudes remata o día 6 de abril

Abriuse o prazo para solicitar axuda económica ás familias de alumnado beneficiario das bolsas de comedor.O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 6 de abril.
Poden acollerse as familias que teñen o comedor gratis ou pagan 1 €/día por menú nos comedores escolares xestionados pola Consellería de Educación, Universidad e Formación Profesional.
Trátase das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos,que veñen de publicarse no DOG nº 62 do 30/03/2020.

Datas de presentación das solicitudes: comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de abril, ambos os dous incluídos.

Para máis información da axuda, as persoas interesadas poden chamar ao centro educativo de referencia.
No seguinte enlace pode consultarse a publicación no DOG: