Publicadas as bases e convocatoria para a concesión de subvencións municipais para actividades culturais As axudas están dirixidas a asociacións que desenvolvan actividades culturais, especialmente a aquelas que promovan as tradicións locais

BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO DO CONCELLO DE TOMIÑO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS DURANTE O ANO 2022

O pasado venres publicáronse no BOPPO bases e convocatoria para a concesión de subvencións municipais para actividades culturais. A presente convocatoria ten por finalidade apoiar e promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades culturais sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria específica de subvencións, que desenvolvan proxectos ou actividades culturais que e contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais da veciñanza do municipio e, en especial, a promoción ou recuperación da cultura e tradicións locais e que se realicen durante o ano 2022.

Con cargo ás correspondentes dotacións orzamentarias, o obxecto das axudas e subvencións comprenderá os gastos das actividades enmarcadas en cada unha das seguintes áreas de actuación:

  • A realización de actividades culturais por asociacións culturais, veciñais e xuvenís.
  • A realización de actividades de recuperación e difusión do patrimonio cultural.
  • A realización de actividades de promoción dos produtos agrícolas ou gastronómicos da zona.
  • As actuacións tendentes á recuperación de espazos naturais e/ou de lecer.
  • Outros proxectos ou actividades “de especial interese cultural e social” nos que estea xustificada o seu financiamento municipal.

A instancia para solicitar a subvención pode descargarse na Sede Electrónica da páxina web do Concello: https://tomino.sedelectronica.gal/dossier.1

As bases completas poden consultarse no seguinte enlace:

BOPPO.BASES CULTURAIS 2022- 8 ABRIL