Publicado o prego de condicións para a licitación dos postos vacantes no mercado de Tomiño O devandito prego de condicións pode consultarse nesta web no apartado de Perfil do Contratante

O Concello de Tomiño publicou hoxe no Perfil do cContratante desta web, o prego para a licitación dos postos vacantes no Mercado Municipal de Tomiño; concretamente:

  • Na planta Baixa: os postos nº 2 de carnicería (chacinaría) e os M4 e M5 destinados á venda de peixe e marisco.
  • Na planta superior: o posto nº 13 de uso alimentario ou non, para a venda polo miúdo, e o nº 11 de uso alimentario para a venda polo miúdo.

O prazo para a presentación de ofertas é do 9 ao 23 de abril ambos incluídos.