Recollida de lixo en kaiak, mañá dende a praia de Goián Trátase dunha actividade de voluntariado organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil

Debido ao éxito da actividade en anos anteriores, o Concello volve a organizar a actividade “Recollida de lixo en kaiak” polo río Miño, ao seu paso por Goián. Será mañá, mércores 10 de xullo, en horario de mañá e tarde (de 10 a 14 e de 16 a 20 horas), con saída dende a praia de Goián.

Cada persoa que participe levará un saco de lixo e efectuándose varias paradas ao longo da ribeira do Miño e na propia praia fluvial. A idade mínima para participar son 15 anos e as persoas menores, deberán levar autorización. É preciso pasar antes da actividade, pola OMIX (barrio da Rocha, antigo centro de saúde, de 8 a 14 horas) para inscribirse.

Ao mesmo tempo, levarase a cabo unha campaña de sensibilización ambiental entre as persoas que se atopen no lugar.