Requisitos de acceso de persoal e alumnado do “Obradoiro de Emprego de Dinamización Turística de Tomiño 2016”

  • A data prevista de inicio desta nova acción formativa , é o 19 de decembro
  • Para levar a cabo o proxecto, contratarase un director, un titor e dous docentes e un/unha administrativo/a

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de concederlle ao Concello de Tomiño unha subvención por importe de 179.134,20€ para desenvolver un novo  Obradoiro de Emprego; denominado neste caso, “Dinamización turística de Tomiño 2016”,

 

A data prevista de inicio desta nova acción formativa e de emprego, na que o propio Concello investirá un mínimo de 20.300 euros por encima da subvención, é o 19 de decembro deste ano, rematando seis meses despois.

O obradoiro contará con dúas especialidades (que dan dereito a obter o certificado de profesionalidade), e 10 prazas de alumnos/as-traballadores/as cada unha.

A  primeira delas será “Promoción turística local e información ao visitante (Nivel 3), e a segunda, ”Confección e publicación de páxinas Web (Nivel 2)”.

 

Os requisitos que deben reunir as persoas que aspiren a formar parte do alumnado son: ter 18 ou máis anos e estar empadroado en Tomiño; figurar inscrito como demandante de emprego sen ocupación no Servizo Público de Emprego de Galicia, e cumprir os requisitos para poder ser contratado na modalidade de formación e aprendizaxe, conforme ao artigo 11.2 e D.A. 2ª do RDL 2/2015 do Estatuto dos traballadores.

Ademais, segundo o nivel de cada curso, os aspirantes deberán reunir os  seguintes requisitos de acceso

Requisitos aspirantes Obradoiro

 

Segundo explica a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, tamén terase en conta á hora de escoller os participantes, e co fin de obter un maior rendemento  da formación impartida, a posesión de coñecemento básicos de informática (mecanografía, programas Windows, internet, paquetes ofimáticas, etc.). en ambas especialidades, e no caso da primeira (Turismo), valoraranse tamén habilidades sociais necesarias para o desempeño do traballo como, por exemplo, unha axeitada capacidade de comunicación e expresión, idiomas, etc.

Ao mesmo tempo, contratarase para levar a cabo este proxecto, un director, un titor e dous docentes (coma mínimo) para impartir os certificados de profesionalidade, así coma un/unha administrativo/a a media xornada.

A contratación deste persoal farase a través da Oferta do Servizo Público de Emprego de Galicia, a nivel provincial.

En calquera caso e para maior información, as persoas  interesadas poden pórse en contacto coa Oficina de Desenvolvemento Local de Emprego (Casa do Concello), no caso dos docentes e técnicos, ou ben, coa Oficina de Orientación  Laboral (A Rocha s/n), no caso dos aspirantes a alumnos/as. Así mesmo, poden chamar aos teléfonos 986 62 20 01/02/03, en horario de 8.00 a 15.00 horas.