Composición do xurado do concurso á mellor decoración da “Ruta Nadal + Nadal”

De acordo co establecido na base 6ª das nomeadas bases da Campaña, os compoñentes do xurado designados para os premios á mellor decoración de escaparates ou locais son:

 

En representación do Concello de Tomiño:

  • Francisco Campo Lago, Concelleiro de Promoción económica, comercio e deportes.

 

En representación do comercio local:

  • Cintia Gabriela Díaz Cutuli, Presidenta de ADETO, Propietaria de Juguetería Turuleka
  • Iago Pérez Rodríguez, Secretario de ADETO, Propietario de Consulvin, Consultores vitivinícolas

 

Como artistas locais:

  • A pintora, Pilar Pérez Fernández (Pilar Alonso)
  • A fotógrafa, Mª Pilar Alonso Reñones (Pili Reñones)