RILLA RILLA TEATRO, de Xarope Tulú, chega mañá ao Auditorio de Goián ás 21.00h para todos os públicos O domingo, para seguir celebrando as Letras, concerto “Queremos galego”, de Pablo Díaz e os seus músicos. Auditorio de Goián ás 17.30h

Música e teatro en Galego

RILLA RILLA TEATRO, de Xarope Tulú é a actividade pedagóxica de fomento da lingua a través do teatro que terá lugar no Auditorio de Goián o sábado 14 de maio ás 21.00h. Dirixido a todos os públicos, a peza tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma.

“A oferta desta actividade nace coa intención de dinamizar as Letras Galegas 2022, facendo partícipes da experiencia aos diferentes centros educativos da zona, co fin de difundir o interese sobre a nosa lingua, para aprender máis sobre ela e normalizar o seu uso”, explica a concelleira de Cultura, Ani Fernández Carrera.

Outra actividade organizada para celebrar as Letras é o concerto “Queremos galego”, de Pablo Díaz e os seus músicos. Algunhas das súas cancións son himnos para moita rapazada que descubre con este artista que os animais falan ou as estrelas cantan. Será no Auditorio de Goián o domingo 15 de maio ás 17.30h e para todos os públicos.