Semana da educación 2022

VII SEMANA EDUCACIÓN 2022

TransFORMANDO a sociedade, educando na diversidade.

“A excelencia alcánzase coa diversidade” Dava Newman, subdirectora da NASA.

Do 7 ao 10 de febreiro 2022

Auditorio de Goián (Tomiño)

7 de febreiro de 2022

19:00h

José Antonio Fernández Bravo

Título:  Ensinar dende o cerebro de quen aprende

Hai que manter na ensinanza principios, motivos e resultados que amosaron  dabondo a súa valía, pero tamén hai que desatar ligaduras e superar costumes de dubidoso acerto. Hoxe xa non se trata de que nenos e nenas  aprendan como nós ensinamos, senón de que nós ensinemos como eles e elas aprenden. Como é posible a atención á diversidade sen unha diversidade de atencións?

Non é cuestión de dotar a aula de… senón  de atopar á mestra ou mestre capaz de facer que o alumnado xere ideas con… Non é cuestión de paradigmas, nin sequera é cuestión de metodoloxía, senón dun cambio radical do estado mental e nivel de consciencia dende o que sexa posible ensinar dende o cerebro de quen aprende e construir a escola que non existe para aqueles e aquelas que non chegan, que non queren, que non poden…  

José Antonio Fernández Bravo é doutor en Ciencias da Educación, docente, escribo e investigo, sobre educación e aprendizaxe da Matemática. A pregunta fundamental non é como de ben realizan nenos e nenas os exercicios que fan, senón canto ben lles fan a eles e elas os exercicios que realizan. Animado polo convencemento de que non hai aprendizaxe onde non haxa desafío que provoque na persoa que aprende unha necesidade ao seu “querer coñecer”, sigo construíndo a escola que non existe para o alumnado que “non chega”. Malia que durmo pouco, soño moito.

8 de febreiro de 2022

19:00h

Maitane Alonso Monasterio

Título: 1+1≠2

Cando temos unha idea que cremos que ten potencial para crear un impacto positivo na sociedade, como imos deixala gardada nun caixón? Da curiosidade á realidade, pasando pola educación.

Maitane Alonso Monasterio é investigadora, co-fundadora de Innovating Alimentary Machines e estudante de medicina. É unha apaixoada da investigación, a medicina, o emprendemento e sobre todo de compartir os seus coñecementos en numerosas conferencias. Foi premiada co segundo premio en microbioloxía no certame Intel ISEF polo que o MIT lle vai poñer o seu nome a un asteroide, e tamén recibiu o premio a sostibilidade da Arizona State University.

Atópase no Ranking dos 120 Future Leaders iberoamericanos de LlyC. Tamén recibiu o premio “Hipatia” ao talento xove na ciencia outorgado por El Economista, o premio “Mujer Inspiración Revelación” de Insparing Girls, así como diversos premios en certames nacionais e internacionais de investigación, como o premio especial Intel ou o premio da Societat Catalana de Bioloxía. Forma parte da lista “Las Otras 100 Fortunas” de Forbes 2021 e a lista 50 NEXDT de 50 Best of the World.

9 de febreiro de 2022

19:00h

Clara Grima

Título:  Na procura do grafo perdido

A simple vista poderíase pensar que un grafo é un debuxo simple realizado a partir de puntos e raias que unen a algúns destes por parellas. Pero se nos achegamos un chisco máis e os observamos con cariño e paciencia, os grafos son uns obxectos matemáticos fascinantes cunha chea de aplicacións sorprendentes, que serven para analizar as redes sociais, deseñar unha liga de fútbol ou organizar un banquete de voda. E sempre do xeito máis eficiente. E divertido. Nesta charla imos amosar como estas ferramentas, en aparencia moi sinxelas, teñen un potencial impresionante para modelar situacións e conflitos cotiáns e resolvelos de forma óptima. Só hai que ser curiosa e saber usar algo no que, de momento, no nos gañan os ordenadores: intuición e sentido común.

Doutora en matemáticas pola Universidade de Sevilla, institución da que é profesora titular no departamento de Matemática Aplicada I.  O labor divulgador de Clara Grima é moi amplo, non circunscribíndose a un ámbito concreto. Abarca a organización de eventos a todos os niveis e para públicos diversos, a impartición de charlas e conferencias, a súa participación a través dos medios de comunicación tanto escritos como audiovisuais, e a súa presenza nos mesmos. Recibiu numerosos premios e recoñecementos como o “Ciencia en acción”, ou o Prisma Especial do Xurado en 2018, ou o premio Bitácoras ao Mellor Blog de Educación en 2011. Dende 2018 é membro do xurado para o Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica.

10 de febreiro de 2022

19:00h

Julio Basulto

Título:  Educar dende a mesa

Compartir a mesa coas nosas fillas e/ou fillos é moi importante para mellorar a súa saúde. Moito máis do que acostumamos a crer. Se queremos que o dito momento sexa unha ferramenta educativa e de prevención, como debemos abordalo? Ou, aínda mellor, que é o que non debemos facer? Na súa conferencia, o nutricionista Julio Basulto detallará os múltiples beneficios que exerce comer a cotío coa nosa prole sobre a súa saúde física e emocional, e compartirá estratexias para que ese momento se convirta nun espazo de aprendizaxe (por parte de persoas adultas e menores) e, sobre todo, amor.

Julio Basulto é dietista-nutricionista e traballa como profesor asociado no Grao de Nutrición Humana e Dietética da Facultade de Ciencias da Saúde e Benestar da  Universidade de Vic. É colaborador habitual na Radio Nacional de España e El País. É autor dos libros “Mamá come sano” e “Se me hace bola”, e coautor de “No más dieta”, “Secretos de la gente sana”, “Comer y Correr”, “Más vegetales, menos animales”, “Dieta y cáncer”, “Beber sin sed” e “Alimentación vegetariana en la infancia”. Imparte cursos dirixidos á poboación xeral e é autor ou coautor de diversas publicacións científicas. É, tamén, un activo divulgador tanto na súa web/blog (www.juliobasulto.com) coma nas súas contas en Instagram (@juliobasulto.com), Facebook (facebook.com/julio.basultomarset), Twitter (@juliobasulto.com), ou YouTube (youtube.com/juliobasulto_DN).