X SEMANA DA EDUCACION 2025
Cumprimos unha década apostando pola ensinanza e aprendizaxe, indispensables para mellorar o noso entorno local e o mundo a nivel global. Organizamos CATRO CONFERENCIAS DE BALDE para que docentes, persoas educadoras en xeral e pais e nais en particular, acudan a informarse e formarse en diferentes temáticas relacionadas coa educación. Como vén sendo habitual, contaremos coa participación de conferenciantes de luxo que son grandes profesionais con experiencia na temática.
“PENSO LOGO INSISTO, A EDUCACIÓN É A SOLUCIÓN“
Do 10 ao 13 de febreiro de 2025 no Auditorio de Goián (Tomiño)
Armando Bastida – 10 de febreiro “Educar con sentido común”
Beatriz Robles – 11 de febreiro “Desinformación alimentaria: ferramentas para que non tragues calquera cousa”
Rafa Guerrero – 12 de febreiro “Como fomentar a intelixencia emocional na infancia e adolescencia”
Diana Jiménez – 13 de febreiro “Cando os tempos cambian, os pais e nais aprenden”




